Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO RETOMA A CAMPAÑA DE ENTREGA DE EMBUDES PARA A RECOLLIDA SELECTIVA DO ACEITE DE COCIÑA USADO
O concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Manuel Ramos, informou que na xornada de mañá martes o Concello retomará a campaña de entrega á cidadanía de embudes para a recollida selectiva de aceite de cociña usado.
Narón, 15 de xullo de 2024. O concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Manuel Ramos, informou que na xornada de mañá martes o Concello retomará a campaña de entrega á cidadanía de embudes para a recollida selectiva de aceite de cociña usado. Unha campaña que se levou a cabo en anteriores ocasións noutros puntos da cidade, como o Pazo da Cultura e o Centro Comercial Narón, tal e como recordou, e que nesta ocasión permitirá que as veciñas e veciños recollan os embudes nas instalacións da nave de servizos do Concello e do Punto Limpo municipal. As persoas interesadas nos embudes poden solicitalos na nave de Servizos, ubicada no quilómetro 1 da estrada de Cedeira, en horario de 8:30 a 13:00 horas, e tamén no Punto Limpo municipal, no polígono de Río do Pozo, de luns a venres entre as 9:00 e as 13:00 e pola tarde de 16:00 a 19:00 horas e os sábados de 9:00 a 14:00 horas. O edil naronés recordou que os aceites de cociña usados recollidos poden depositarse en calquera dos colectores ubicados na cidade para este fin e mesmo no Punto Limpo de Río do Pozo. “Queremos contribuir a que cada vez sexan máis as veciñas e veciños que recollan os aceites de cociña usados, algo máis sinxelo coa axuda destes embudes, e deste xeito evitar contaminación e gastos derivados de posibles atascos ou avarías na rede de saneamento”, asegurou. O Concello encárgase de trasladar eses aceites usados a unha planta de reciclaxe para poder obter biodiésel. A campaña da que forma parte esta iniciativa conta co respaldo da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, no marco do Plan de Recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-Next Generation EU. As persoas interesadas en recibir máis información sobre esta campaña tamén poden contactar coa nave de Servizos do Concello, chamando ao número de teléfono 981 397 007.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal