Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA ADQUIRIR OS TICKETS PARA A FEIRA DE EXALTACIÓN DO PORCO AO ESPETO QUE SE CELEBRARÁ ESTE SÁBADO EN PEDROSO
O evento inclúe unha variada programación que se desenvolverá dende o mediodía na pista polideportiva e inmediacións
Narón, 20 de agosto de 2024. As persoas que desexen degustar algunha das racións de porco ao espeto na feira de exaltación que se celebrará este sábado, día 24, en Pedroso dispoñen aínda dalgúns tickets á venda. O Concello organiza coa Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña este evento gastronómico, que inclúe unha ampla programación que se iniciará ao mediodía. Unha sesión vermú cunha actuación musical marcará o inicio da celebración, na que se poderán degustar uns petiscos de balde. Pola tarde haberá tamén actividades, con propostas de animación infantil dende as 18:00 horas na pista polideportiva e, xa pola noite, ás 21:00 horas, comezarán a servirse as racións de porco ao espeto, ao rematar o traballo do cociñado que iniciarán o propio sábado ás 9:00 horas de xeito tradicional veciños da parroquia. Chegada a noite haberá outra actuación musical para amenizar o evento. Os tickets están á venda na cantina da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña, debendo abonar polos mesmos 20 euros as persoas que non son socios/as da entidade; 15 os socios/as; 10 euros os menores de 10 a 17 anos e podendo degustalo de balde os menores de 10 anos. No prezo inclúese a degustación de porco ao espeto, churrasco, chourizos, pan, cachelos, bebida, sobremesa e café. Os comensais estarán baixo unha carpa con cadeiras que se instalará para a ocasión na pista polideportiva de Pedroso.

<<< Setembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal