Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNA UNIDADE MOBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ O VINDEIRO LUNS E MARTES NA CIDADE
O vehículo permanecerá operativo en horario de mañá e tarde nas inmediacións do novo centro de saúde
Narón, 23 de agosto de 2024. Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará os vindeiros luns e martes, días 26 e 27, na cidade. O vehículo estará operativo en horario de mañá e tarde, dende as 9:30 ata as 14:30 e de 15:30 a 21:00 nas inmediacións do novo centro de saúde. Dende ADOS recordouse que as persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. A maiores, terán que identificarse coa tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico no caso de estar tomando algún medicamento. Para recibir máis información pódese chamar, de balde, ao número de teléfono 900 100 828.

<<< Setembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal