Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO EDITA UN PLANO DE RECURSOS TURÍSTICOS DA CIDADE PARA PROMOCIONAR O SECTOR
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, avanzou que se editaron un total de 5.000 exemplares
Narón, 23 de agosto de 2024. As iniciativas impulsadas a través da área de Turismo, presidida pola edil Natalia Hermida, para promocionar o sector na cidade continúan avanzando. O Concello dispón un plano de recursos turísticos, do que se editaron un total de 5.000 exemplares, e que está a disposición da cidadanía na Oficina de Turismo local e tamén se repartirá para os expositores que recentemente se ofreceron a empresas do citado sector e tamén do hostaleiro. No plano, tal e como indicou Hermida, figuran dez imperdibles, que se corresponden con construcións ou ubicacións de maior interese turístico en Narón. O Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia, o punto Narón 100 do Camiño Inglés a Compostela, o mosteiro de San Martiño de Xuvia, o paseo marítimo de Xuvia, o Pazo Libunca, a Presa do Rei, a área recreativa de Pedroso, a Pena Molexa e Aldea Nova reciben unha mención especial, con información e imaxe incluídas, neste plano turístico, editado en castelán e galego. A maiores, figura un plano completo de Narón no se que especifica a ubicación deses e outros recursos turísticos da cidade, das rutas turísticas existentes, a localización de áreas recreativas, deportivas, centros culturais, igrexas… e tamén teléfonos de interese. “O plano servirá tamén para ofrecelo nos eventos vencellados co sector turístico nos que participe o Concello ao longo do ano, ofrecendo dun xeito visual e rápido a localización dos principais elementos e enclaves turísticos de todas as parroquias de Narón”, destacou Hermida.

<<< Setembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal