Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
VECIÑAS E VECIÑOS DA CIDADE PARTICIPARON HOXE NO INICIO DO MURAL QUE DECORARÁ AS INSTALACIÓNS DO PUMP TRACK DA SOLAINA
A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, desprazouse á zona e conversou coa autora do deseño, Andrea Luengo, e con persoal que pintou parte do mesmo
Narón, 28 de agosto de 2024. As inmediacións do pump track da Solaina acollen esta semana os traballos de pintado dun mural colectivo cun deseño para concienciar sobre a importancia do cambio climático. A iniciativa forma parte do proxecto People&Planet, promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que forma parte o Concello de Narón. A edil de Benestar Social, María Lorenzo, desprazouse esta mañá á zona para conversar coa autora do deseño, a cacereña Andrea Luengo, e ver como se iniciaban os traballos, nos que participaron varios nenos e nenas da cidade e tamén maiores que os acompañaron. O nome do deseño deste mural é “Quéreme ou non me quere” e a previsión é, tal e como confirmaba a autora, que xa comezou este luns a traballar no deseño, rematalo este domingo, día 1 de setembro. A obra invita a repensar o territorio e como habitamos e móstranos como vemos e como imos ver a nosa contorna debido ao cambio climático, animando á cidadanía a pasar á acción para frealo. Debuxos moi variados e múltiples cores para decorar un espazo no que, de xeito improvisado, se fixo tamén un oco para debuxar e pintar un cabalo que pasta nun terreo próximo ao pump track e que a deseñadora quixo que quedase tamén recollido neste mural. María Lorenzo destacou o traballo da autora e agradeceu a súa disposición para estar en Narón esta semana, animándoa a coñecer máis polo miúdo a cidade e o resto da comarca. A edil naronesa quixo tamén dar as grazas a todas as persoas que se achegaron a colaborar con este proxecto, do que moi axiña, como recordou, poderemos ver o resultado final.

<<< Abril 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal