Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O PRAZO DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS E OUTRAS ENTIDADES DE ÁMBITO MUNICIPAL
A concelleira de Participación Cidadá, Olga Ameneiro, informou que se poderán solicitar ata o 20 de setembro, incluído
Narón, 30 de agosto de 2024. O Concello de Narón abrirá o vindeiro luns, día 2 de setembro, o prazo de solicitude de subvencións para asociacións e outras entidades de ámbito municipal correspondentes a este ano. Trátase de axudas dirixidas a actuacións e programas realizados durante este ano e encamiñadas a promover e dinamizar a participación activa da veciñanza no tecido asociativo en diferentes áreas. A concelleira de Participación Cidadá, Olga Ameneiro, anunciou que se poderán solicitar ata o vindeiro 20 de setembro, incluído, coa documentación correspondente a través da Sede Electrónica do Concello. As asociacións e institucións de carácter social e entidades sen ánimo de lucro que soliciten estas subvencións –que en ningún caso superarán os 3.000 euros por asociación ou entidade- deben estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás do Concello, ter os seus datos actualizados no momento de presentar a solicitude e debidamente xustificadas as axudas ou subvencións concedidas en anos anteriores polo Concello. Así mesmo, deben cumprir o resto de requisitos que se establecen no artigo 3 da Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Narón. As áreas nas que deben traballar as asociacións e entidades solicitantes son: socioeducativa, sociocultural, igualdade, persoas con discapacidade ou drogodependencias, infancia, inmigración, minorías étnicas, atención ás persoas maiores, participación cidadá, mocidade, medioambiental e saúde, tal e como se especifica nas bases da convocatoria, publicadas no BOP do pasado 27 de agosto.

<<< Setembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal