Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NUNHA ACCIÓN FORMATIVA DE MANTEMENTO DE VIVENDAS
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, informou que o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 10 de setembro
Narón, 3 de setembro de 2024. O Concello abrirá mañá mércores o prazo de inscrición nun curso de Mantemento de vivendas, do Programa municipal de Formación. Así o anunciou a concelleira de Formación, Natalia Hermida, indicando que se trata dunha acción formativa que constará de 400 horas e que se prevé celebrar no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz dende o 17 deste mes ata o 20 de decembro deste ano. A edil naronesa recordou que se trata dun curso dirixido a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón, podendo inscribirse as empadroadas noutros concellos para acceder á acción formativa no caso de que non se cubran a totalidade das prazas con veciñas e veciños de Narón. Prevención de riscos laborais; organización dos traballos de mantemento de vivendas; coñecemento, manipulación e conservación de ferramentas, medios e maquinaria; pastas, morteiros, adhesivos e formigóns; traballos de albanelería; traballos con xeso laminado; aplicación de pintura a man e con compresores e pistolas de pulverizar; conceptos básicos de electricidade e instalacións eléctricas interiores de vivenda forman parte dos contidos a abordar neste curso, que inclúe 100 horas de prácticas profesionais non laborais en empresas do sector. En total ofértanse 15 prazas, que se poderán solicitar dende mañá ás 8:30 ata o vindeiro día 10 de setembro ás 13:00 horas a través do Rexistro xeral do Concello, da Sede Electrónica ou dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición no rexistro. As persoas interesadas en recibir máis información poden contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109) ou a web do Concello: naron.gal.

<<< Maio 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal