Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA ABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O PRAZO DE MATRÍCULA NAS ESCOLAS CULTURAIS MUNICIPAIS
A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, informou que as matrículas se poderán formalizar ata o 25 de setembro
Narón, 4 de setembro de 2024. O Padroado da Cultura abrirá o vindeiro luns, día 9 de setembro, o prazo de inscrición nas Escolas Culturais Municipais. Así o anunciou a alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro. As matrículas poden tramitarse nas oficinas do Pazo da Cultura, de luns a venres entre as 9:00 e as 13:30 e de 17.00 a 19.00 horas e tamén os sábados de 10.00 a 13.00. As persoas interesadas en obter máis información poden chamar ao número de teléfono 981 391 144 (extensión 2806), escribir un correo electrónico ao enderezo: mc.blanco@naron.gal ou consultar a web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es, donde poderán ver tamén as taxas a abonar por cada unha das modalidades: escolas tradicionais, artísticas e Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón. As Escolas Tradicionais ofertan clases de Danza tradicional, Canto e pandeireta (a partir de 5 anos); Gaita, Percusión tradicional (a partir de 6 anos); Acordeón, Zanfona (dende os 8 anos); Construción de instrumentos (a partir de 16 anos) e, O Recuncho dos Pequechos (de 3 a 4 anos). A maiores, nas Escolas Artísticas hai as opcións de Debuxo (a partir de 6 anos) e Teatro (a partir de 4 anos) e na Escola de Formación de Actores e Actrices, o primeiro curso (a partir de 16 anos), segundo e terceiro e o Practicum. Outra das modalidades das Escolas Culturais Municipais do Padroado da Cultura é Bailes de salón (a partir de 4 anos), que ofrece baile de salón, baile deportivo, caribeños e danza coreográfica. As matrículas poderán formalizarse ata o 25 de setembro, incluido, no Pazo da Cultura e as clases darán comezo o 1 de outubro e desenvolveranse ata o 31 de maio de 2025.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal