Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL RETOMA EN OUTUBRO AS MESAS DE CONVERSA EN INGLÉS E OS CLUBS DE LECTURA XERAL E FEMINISTA
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, recordou que se trata de tres propostas de balde
Narón, 5 de setembro de 2024. A Biblioteca municipal retomará no mes de outubro as actividades permanentes para adultos: as mesas de conversa en inglés, o club de lectura xeral e o club de lectura feminista. A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, informou que este mes de setembro se abrirán os prazos de preinscrición para que as persoas que queiran participar poidan reservar a súa praza e retomar estas propostas tralo parón do período estival. As primeiras das propostas para as que se abrirá o prazo de preinscrición serán a do club de lectura feminista e a do club de lectura xeral. O primeiro deles reúnese unha vez ao mes para coñecer, reflexionar e compartir sobre cuestións diversas dende unha perspectiva feminista a través da lectura de obras de diferentes autoras. As sesións celébranse sempre os xoves, en horario de 18:00 a 19:30 horas e as do primeiro trimestre fixáronse para os días 17 de outubro, 14 de novembro e 12 de decembro. Así mesmo, no club de lectura xeral as reunións serán os martes, un ao mes, de 19:00 a 20:30 horas para comentar lecturas comúns, que se fixaron para os días 15 de outubro, 12 de novembro e 10 de decembro deste ano. En ambos casos ofértanse 12 prazas e as persoas interesadas en asistir deberán anotarse dende o luns día 9 e ata o 11 de setembro na Biblioteca municipal de xeito presencial ou chamando ao número de teléfono 981 382 173. As mesas de conversa en inglés, para mellorar o nivel de expresión oral nese idioma, celébranse todos os luns, en dúas quendas, unha de 17:00 a 18:00 e outra de 18:00 a 19:00 horas. Neste caso, tal e como recordou a edil de Bibliotecas, a lista de inscrición para cada luns -día no que se celebran- os mércores anteriores ás 9:30 horas, tamén de xeito presencial ou telefonicamente na Biblioteca. O mércores 2 de outubro abrirá o prazo para a primeira sesión deste trimestre, que será o luns 7 de outubro. A concelleira naronesa destacou que se trata de tres actividades de balde que cada ano teñen moi boa acollida entre a veciñanza, polo que animou ás persoas interesadas a anotarse nas mesmas.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal