Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGADOS OS DIPLOMAS DE DÚAS ACCIÓNS FORMATIVAS DE OPERADOR/A DE CARRETILLAS E PLATAFORMAS ELEVADORAS CON CERTIFICACIÓN PEMP (UNE)
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Formación, Natalia Hermida, entregaron os diplomas ao alumnado
Narón, 18 de setembro de 2024. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a concelleira de Formación, Natalia Hermida, entregaron esta mañá os diplomas de dúas accións formativas de Operador/a de carretillas e plataformas elevadoras con certificación PEMP (UNE), do Programa municipal de Formación. Unha vintena de alumnas e alumnos recolleron os diplomas no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. Estas accións formativas impartíronse dende o 29 de xullo ata o 12 de agosto deste ano, unha en horario de mañá e outra de tarde, nas citadas instalacións municipais. Cada un dos cursos contou con dez alumnos, tal e como recordou a rexedora local. Ferreiro interesouse ante o alumnado pola súa valoración deste curso en particular e do programa de formación municipal en xeral e felicitouno por rematar este curso. Así mesmo, avanzou que, entre outras accións, está prevista unha nova sobre Operador/a de carretillas e plataformas elevadoras con certificación PEMP (UNE) antes de que remate este ano. A rexedora local animou ao alumnado a continuar formándose para poder mellorar a súa empregabilidade e tamén a facer uso de todos os servizos de formación e emprego permanentes cos que conta o Concello naronés, que se poden consultar a través do enlace: triptico_emprego.pdf (naron.gal).

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal