Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE XESTIÓN DE ALMACÉN-LOXÍSTICA
A edil de Formación, Natalia Hermida, informou que as inscricións poden tramitarse do 20 ao 26 de setembro
Narón, 19 de setembro de 2024. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou a apertura, mañá venres ás 8:30 horas, do prazo de inscrición nun curso de Xestión de almacén-loxística. A convocatoria, tal e como indicou a edil, diríxese a un máximo de 15 persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón, se ben poden apuntarse persoas desempregadas maiores de 18 anos doutros concellos que accederán á acción formativa no caso de non cubrirse todas as prazas con persoas de Narón. A convocatoria desenvolverase, segundo as previsións, do 3 de outubro ao 18 de decembro deste ano no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. As clases impartiranse de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres (do 3 de outubro ao 25 de novembro) e as prácticas profesionais non laborais en empresas serán 5 horas ao día, no horario que se determine, do 26 de novembro ao 18 de decembro (un total de 80 horas). As persoas interesadas en anotarse poderán facelo ata o vindeiro 26 deste mes ás 13.30 horas a través do Rexistro xeral do Concello, da Sede Electrónica de Narón, ou dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. A duración do curso será de 250 horas e quince máis dun módulo adicional. O alumnado abordará contidos como tipos de almacén, estrutura e organización; prevención de riscos laborais en actividades de almacenaxe; loxística, inventario de existencias, sistemas e equipos para a xestión de almacén, manexo e condución de carretilla elevadora… A maiores, realizaranse 15 horas adicionais sobre un módulo transversal para o desenvolvemento de habilidades na procura de emprego. O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición no rexistro e as persoas interesadas en recibir máis información poden contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, no teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal