Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ODEÓN ACTIVA A CAMPAÑA RE-FASHION CO FIN DE RECOLLER ROUPA USADA E DOALA AO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, participou na presentación da campaña xunto con Cristina Imaz, xerente do Centro Comercial Odeón e José Manuel González, presidente do Centro de Recursos Solidarios de Narón
Luns 23 de setembro de 2024.- O Centro Comercial Odeón pon en marcha por terceira vez a campaña Re-Fashion. O Renacemento da moda a través da que se recollerá roupa usada co fin de doala ao Centro de Recursos Solidarios de Narón (CRS) onde se lle dará unha segunda vida útil. As persoas interesadas en colaborar poderán depositar as súas pezas nun caixón instalado no corredor central da planta baixa do centro comercial, desde hoxe e ata o 7 de outubro. A presentación desta campaña foi realizada hoxe pola xerente de Odeón, Cristina Imaz, quen estivo acompañada pola alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o presidente do CRS, Jose Manuel González. Parte das pezas doadas cederanse aos usuarios, e outra parte delas levarase a Insertega, empresa colaboradora co Concello de Narón e que se dedica a reciclar a roupa e reconvertela noutras pezas para darlles un novo uso. O proxecto ‘Re-Fashion. O Renacemento da moda’ Odeón participa en diferentes iniciativas para concienciar sobre a importancia de reducir, reutilizar e reciclar as pezas téxtiles. Para iso, fai xa tres anos que se uniu ao proxecto ‘Re-Fashion, o Renacemento da moda’, que busca incrementar a vida útil das pezas, darlles unha nova vida, un segundo uso e reducir o seu impacto ambiental. Tamén pretende ser parte do cambio mostrando que hai outras posibilidades e usos para as pezas sen necesidade de convertelas en desfeitos tras varios usos.

<<< Outubro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal