Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CICLO DE CINE DE ANIMACIÓN CONTINÚA MAÑÁ NO PAZO COA PROXECCIÓN DA PELÍCULA ARRUGAS
A proxección dará comezo ás 20:00 horas e a entrada é de balde
Narón, 24 de setembro de 2024. Ignacio Ferreras dirixe a segunda das películas do ciclo de Cine de animación que se poderá ver mañá no Pazo da Cultura, Arrugas. Trátase dunha proposta organizada polo Concello de Narón, a través do Padroado da Cultura, e o Cineclube Serie B e con entrada de balde. A partir das 20:00 horas poderase ver esta película, cos actores Mabel Rivera, Tacho González, Montse Davila e Álvaro Guevara entre o seu elenco. Dous anciáns que residen nun xeriátrico, Emilio e Miguel, son os protagonistas. Un deles ten alzheimer e o seu amigo acompáñao neste período tan difícil da súa vida, que non estará exento de humor disparatado e tenrura nas súas vivencias do día a día. Trátase dunha longametraxe en 2D para público adulto baseado no comic homónimo de Paco Roca. A vindeira proxección deste ciclo será o día 2 de outubro, cando se poderá ver o film “Psiconautas” e o día 9 dese mesmo mes “La vida de calabacín”. Co fin deste ciclo continuará no Pazo o ciclo de Cine europeo, do 30 de outubro ao 20 de novembro, tamén ás 20:00 horas e con entrada de balde.

<<< Outubro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal