Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGADOS OS DIPLOMAS DO CURSO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Formación, Natalia Hermida, entregaron os diplomas
Narón, 27 de setembro de 2024. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Formación, Natalia Hermida, entregaron esta mañá os diplomas ao alumnado que realizou o curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. O acto tivo lugar nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, onde se desenvolveu a maior parte desta acción formativa, cun total de 468 horas. A alcaldesa e a edil de Formación interesáronse ante o alumnado pola súa experiencia neste curso, tanto no apartado teórico como nas prácticas realizadas en centros DomusVI, a residencia de Laraxe e o Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. Esta acción impartiuse entre os meses de maio e setembro, se ben xa se convocou este mesmo ano outra de idénticas características que tivo lugar entre xaneiro e xuño. Ferreiro e Hermida felicitaron ao alumnado, procedente de diferentes concellos, entre eles Narón, por realizar este curso e desexáronlles sorte de cara á súa posible inserción laboral nun sector, o da atención sociosanitaria, cunha importante demanda de persoal. Ademáis, recordáronlle ao alumnado os diferentes servizos que se ofrecen dende a área de Formación, recollidos no tríptico Conectados polo emprego –que se pode consultar a través da web municipal no enlace: https://naron.gal/web/docs/triptico_emprego.pdf-.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal