Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS PROGRAMAS APEGO E GUIZO TRAEN AOS CENTROS CÍVICOS DE SAN XIAO E DO COUTO SEIS ACTIVIDADES PARA MENORES
A concelleira de Normalización Lingüística, María Lorenzo, informou da necesidade de inscribirse previamente por correo electrónico
Narón, 1 de outubro de 2024. A Concellería de Normalización Lingüística, dirixida pola edil María Lorenzo, programou novas actividades dos programas Apego e Guizo, que se desenvolverán nos meses de outubro e novembro. A concelleira recordou que se trata en todos os casos “de propostas de balde, con prazas limitadas, e encamiñadas a fomentar o uso da lingua galega e tamén o coñecemento da nosa cultura, a importancia da reciclaxe, do coidado do medio ambiente… en definitiva, actividades cunha parte de lecer pero sen esquecer o modo didáctico”. A programación de outono de Apego, un programa dirixido a menores de 0 a 6 anos e as súas familias, ten entre as súas finalidades socializar e compartir tempo de lecer utilizando a nosa lingua, o galego. Contos, kamishibai, ilustración, música, valores e tradicións, entre outras, forman parte das propostas dos vindeiros dous meses. O día 9 de outubro poderase ver Pipo, o paxaro que non sabía voar, de Trémola Teatro e o 23 deste mes Debulendo lendas, de Tarabelos Teatro. No mes de novembro continuarán as citas, o día 6 con Carola, a carteira centola, de Polo Correo do Vento, e o día 27 con As cancións da casa da miña avoa, de Xabi Longueirón. A información ao completo destes espectáculos, que .se poderán ver no Centro cívico social de San Xiao a partir das 17.00 horas, pode consultarse a través da web: www.apego.gal. No caso do programa Guizo, trátase de propostas dirixidas a menores de entre 6 e 12 anos. Nas novas propostas, tal e como avanzou a edil naronesa, cobrarán protagonismo a creación de xoias reutilizando papel de revistas ou xornais e o coñecemento das árbores autóctonas. A decoración de bolsas e a elaboración de pousavasos forman tamén parte destas iniciativas, convocadas para o 19 de outubro, a través da iniciativa Coñecendo as nosas árbores, e o 16 de novembro, día das Xoias de papel. A información ao completo destas actividades que se desenvolverán no centro cívico social do Couto a partir das 11.00 horas, pode consultarse na web: www.naronengalego.gal. A concelleira de Normalización Lingüística explicou que para poder participar nas actividades tanto do programa Apego como no de Guizo, é preciso inscribirse previamente a través do correo electrónico: a.pita@naron.gal. É preciso enviar o nome e apelidos do menor, da persoa adulta que o acompañe, e un número de teléfono de contacto, especificando en cada caso a actividade na que desexa participar.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal