A alcaldesa, Marián Ferreiro, acudiu á concentración xunto con outros representantes da corporación local e persoal do Concello
Narón, 8 de outubro de 2024. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu este mediodía, ás 12.00, a concentración convocada ante o Consistorio polo crime machista que lle custou a vida o pasado sábado a Fadoua Akkar, de 41 anos e veciña de Moaña (Pontevedra). A muller, nai dun menor, perdeu a vida ao caer ao mar dende un vehículo no paseo de Domaio, detendo posteriormente ao home que o conducía, xa en prisión acusado de homicidio.
No transcurso da convocatoria, á que acudiron representantes da corporación local e persoal do Concello, gardouse un minuto de silencio en repulsa da violencia e como mostra de solidariedade coa familia e amizades da vítima. Os asistentes portaron unha pancarta do Concello co lema: “Contra a violencia de xénero”.