Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
TEATRO, DANZA CONTEMPORÁNEA E UN MUSICAL NA PROGRAMACIÓN DESTA FIN DE SEMANA NO PAZO DA CULTURA
As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web: www.padroadodecultura.es
Narón, 8 de outubro de 2024. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana tres novos espectáculos da programación do Padroado da Cultura. Este venres estrearase en Galicia a obra Faros, unha peza de narración oral dirixida e escrita por Félix Albo, que se poderá ver ás 20.30 horas. A peza, ambientada nos anos oitenta, conta a historia de cinco menores que viven nun piso tutelado e abórdanse diferentes temas vencellados á sociedade actual, vistos dende a tenrura e o humor. O reencontro dos cinco, xa como persoas adultas e recordando a súa historia e amizade, pechará a temática desta obra. Na xornada do sábado, ás 20.00 horas, será o turno da danza contemporánea, coa peza Va de Bach, da compañía Aracaladanza e dirixida por Enrique Cabrera. Durante aproximadamente unha hora o espectador achegarase á figura de Bach como inspirador deste traballo de alta cultura dirixida a todos os públicos, a partir de 5 anos. O domingo 13 será o turno do público familiar e infantil, ao que se dirixe o musical Vaiana, de Gaudium Teatro. A partir das 18.00 horas e durante algo máis dunha hora, menores e adultos desfrutarán desta proposta cargada de emoción, con voces en rigoroso directo e extraordinarias coreografías e proxeccións. Vaiana é a protagonista deste espectáculo, destinada a converterse na xefa da illa de Monotui e que vivirá numerosas aventuras para salvar a súa aldea. As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

<<< Novembro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
naron.gal