O CONCELLO ORDEARÁ A RETIRADA DA VÍA PÚBLICA DE CATORCE VEHÍCULOS QUE SE ATOPAN EN SITUACIÓN DE ABANDONO
O concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, informou que os datos poden consultarse no BOE de hoxe
Narón, 9 de outubro de 2024. O Concello ordenará a retirada dun total de catorce vehículos que se atopan en situación de abandono en rúas do termo municipal ou nas instalacións do depósito municipal de vehículos do Concello. Así o anunciou o concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, recordando que “xa realizamos aos propietarios os requerimentos oportunos para que procedesen á súa retirada, e como non atenderon a eses requerimentos, dende o Concello seguimos os trámites establecidos para este tipo de situacións”.
O Boletín Oficial do Estado publica hoxe o anuncio da notificación do procedemento, no que consta que tras realizar notificacións por correo certificado aos propietarios dos vehículos – rexeitadas ou ausentes do domicilio- e presumindo o seu abandono, ínstase aos donos a que no prazo dun mes –contado a partir de mañá- procedan á retirada do lugar no que figuran abandoados previo pago da taxa establecida na ordenanza municipal.
No depósito municipal están un Nissan Almera, un Peugeot 207, un Volkswagen Polo, un Ford Focus e un Renault Clío. Así mesmo, no lugar de Carballo, en Pedroso, está abandoado un Land Rover; na rúa Peregrino un Audi A6 e un Mercedes 300 SE; na Mestre Mateo un Opel Astra; en Pedroso un Renault Clío; na rúa dos Arrieiros un Ford C-Max e un Seat Ibiza; na rúa Cristóbal Colón un Opel Astra e na Marqués de Figueroa un Ford Fiesta. Os datos ao completo das matrículas e data de inicio dos expedientes, entre outros, pódense consultar no BOE de hoxe e no Taboleiro de Anuncios do Concello.
No caso de que non se retiren da actual ubicación, os turismos e a moto enviaranse a un Centro Autorizado de Tratamento (CAT).