Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA E A AXENCIA DE LECTURA DA GÁNDARA POÑEN A DISPOSICIÓN DA CIDADANÍA LIBROS EXPURGADOS ESTE ANO
Olga Ameneiro, concelleira da área, animou á cidadanía a darlle unha segunda vida a estas publicacións
Narón, 11 de outubro de 2024. Os materiais expurgados do depósito da Biblioteca municipal durante este verán están dispoñibles para as persoas interesadas na planta baixa da sección de adultos das citadas instalacións. A edil responsable da área, Olga Ameneiro, indicou que as publicacións, moi variadas en canto ao xénero e temática, poden levarse, ao non formar parte xa da colección do centro. Así mesmo, a concelleira indicou que a partir do vindeiro luns, día 14, poranse a disposición da cidadanía os materiais expurgados este ano na Axencia de Lectura da Gándara, na Casa da Mocidade. Neste caso poderán retirarse tamén no horario de apertura das instalacións, de luns a venres entre as 17.00 e as 19.00 horas. Ameneiro animou ás veciñas e veciños a pasarse polas citadas instalacións municipais “para poder comprobar se algunha das publicacións é do seu interese e poderlle dar unha segunda vida”.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal