Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE MANEXO DE MÓBILES INTELIXENTES DIRIXIDO A MAIORES DE 60 ANOS
A edil de Benestar Social, María Lorenzo, informou que se impartirán nos centros cívicos sociais das parroquias
Narón, 11 de outubro de 2024. O Concello abriu o prazo de inscrición en Conéctate á era dixital, unha das accións socioeducativas dirixidas a persoas maiores da cidade, co fin de que aprendan a sacar o maior partido aos móbiles intelixentes e mellorar a súa inclusión dixital, tal e como indicou a edil de Benestar Social, María Lorenzo. As persoas maiores de 60 anos empadroadas en Narón son as destinatarias desta actividade, que se desenvolverá nos centros cívicos sociais de cada parroquia. Nesas mesmas instalacións poderanse inscribir, de balde, as persoas interesadas –hai un total de doce prazas por grupo- e informarse sobre esta convocatoria, e tamén chamando ao número de teléfono 647 787 006, tal e como explicou a edil naronesa. O curso consta de dous módulos, un de introdución ao manexo de dispositivos móbiles e tablets, e outro sobre comunicación mediante dispositivos móbiles. O funcionamento dos móbiles, a súa configuración, menús, axenda, cámara, axustes de configuración, bluetooth, aplicación, navegación por internet e correo electrónico, whatshapp, Facebook e outras plataformas forman parte do contido a abordar durante as sesións, cun total de 20 horas de duración en cada centro, e que se impartirán entre este mes e finais de decembro.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal