Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PARROQUIA DE SEDES ACOLLERÁ ESTE DOMINGO A XXIII FEIRA DO MEL E PRODUCIÓN PRIMARIA
Os edís de Feiras, Mar Gómez, e Medio Ambiente, Manuel Ramos, presentaron a convocatoria xunto ao delegado da Asociación Galega de Apicultura en Ferrolterra, Rafael Díaz
Narón, 14 de outubro de 2024. O recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes, acollerá este domingo unha nova edición, a trixésimo terceira, da Feira do mel e produción primaria. Os edís de Feiras, Mar Gómez, e Medio Ambiente, Manuel Ramos, presentaron a convocatoria xunto ao delegado da Asociación Galega de Apicultura en Ferrolterra, Rafael Díaz. A feira contará cunha trintena de postos de venda de mel, queixo e outros produtos e abrirá de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas, con entrada de balde. Na convocatoria participarán varios gañadores do prestixioso certame “Mel Cinco Estrelas”-entre eles algúns veciños de Narón- o que suporá contar cunha inmellorable representación do mellor mel galego, tal e como indicaron dende AGA. “Con esta nova edición de esta popular feira preténdese rememorar a ancestral tradición da apicultura galega, un oficio ancestral que se mantén puramente artesanal”, destacou Díaz. A feira abrirá ás 10.00 horas e ás 11.30 haberá un relatorio técnico sobre Produción primaria e a súa normativa de comercialización”, que impartirá Gonzalo Calvo, veterinario especializado en apicultura. Ás 12.30 horas dará comezo unha demostración culinaria de elaboracións con mel a cargo de Noela Torres e ás 13.00 haberá un magosto e unha actuación musical que rematará ás 14.00 horas. Pola tarde reabrirá a feira ás 16.00 horas, con obradoiros infantís ata as 19.00 e tamén ás 17.00 horas haberá unha nova degustación culinaria con Noela Torres e outra de pan e queixo do país con Mel cinco estrelas. O relatorio técnico da tarde, ás 18.00 horas será de novo con Gonzalo Calvo, que falará dos produtos da colmea, mel pole, própole e as súas propiedades medicinais. Ao longo de toda a xornada, tal e como avanzou Mar Gómez, haberá actividades divulgativas, como un posto de AGA, unha exposición de láminas didácticas monitorizadas… e sortearanse produtos da feira entre os asistentes. A convocatoria rematará ás 19.00 horas. Os representantes tanto do Concello como de AGA animaron ás veciñas e veciños a achegarse ao recinto do Trece este domingo, onde tamén se instalarán dous postos de venda de polbo e churrasco para a xente que queira xantar alí.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal