Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CONTACONTOS SENSORIAL DIRIXIDO A BEBÉS E ÁS SÚAS FAMILIAS
A edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro, indicou que a actividade terá lugar este sábado
Narón, 15 de outubro de 2024. A Biblioteca municipal abrirá esta tarde, ás 16.00 horas, o prazo para inscribirse no Contacontos sensorial que terá lugar este sábado, día 19, nas citadas instalacións. Diríxese a menores de 6 a 36 meses e as súas familias, tal e como indicou a edil responsable da área, Olga Ameneiro, e ofrecerá unha experiencia cargada de emocións a través das palabras, as cancións e os contos. O Contacontos sensorial está deseñado para estimular os sentidos do tacto, a vista e o oído e ofrecerá ás nenas e nenos a posibilidade de explorar o mundo que os rodea dun xeito divertido e participativo. Palabras doces e cancións amenas caracterizarán este contacontos, no que tamén poderán experimentar con obxectos manipulables que estimularán a súa curiosidade, compartindo momentos de aprendizaxe entre os asistentes. Para poder participar é preciso que os bebés teñan o carné da rede de bibliotecas públicas sen sancións pendentes e pode facerse a reserva de xeito presencial ou chamando ao número 981 382 173, no horario de apertura das instalacións. A actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dentro do programa Ler conta moito.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal