Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ ESTE DOMINGO UN ENCONTRO DE CORAIS ORGANIZADO POLO CONCELLO E A CORAL CHORIMA DE CASTRO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, indicou que a entrada ao evento é de balde
Narón, 15 de outubro de 2024. O Pazo da Cultura acollerá este domingo, día 20, un Encontro de Corais organizado polo Concello e a Coral Chorima de Castro. A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, presentou a convocatoria acompañada por Desirée Prieto, presidenta da asociación cultural Chorima de Castro; María José Veiga, vicepresidenta, Francisco Balseiro, secretario, Juan Serantes, vogal e María José Eimil, integrante da formación coral. Na convocatoria actuarán a Coral Chorima de Castro, de Narón, a coral polifónica Airiños de Caranza, de Ferrol, o Orfeón Xoán Montes, de Lugo e o coro Cardenal Quiroga da Catedral de Santiago de Compostela. “A nosa intención era facer algo relacionado coa música galega, con grupos galegos, e que fose un pouco inédito, con grupos da comarca e tamén outros que non estiveran nunca, como neste caso o orfeón Xoán Montes de Lugo e o coro Cardenal Quiroga de Santiago”, explicou a presidenta de Chorima. Así mesmo destacou a importancia de “interpretar temas coñecidos e tamén cousas que non están acostumados a escoitar, un pouco diferentes e persoais digamos”. En relación co evento, Francisco Balseiro agradeceu a colaboración do Concello de Narón na organización deste encontro e tamén a presencia de todas as formacións que participarán, especialmente da lucense e compostelana, “polo significado que ten que veñan a Narón a participar neste evento”. A rexedora local avanzou que a cita terá lugar ás 18.00 horas no Pazo da Cultura, podendo recollerse xa os convites –é de balde- no despacho de billetes do Pazo, de 9.30 a 14.00 e dende as 17.00 ata as 20.30 de luns a sábado, ou o domingo unha hora antes do inicio do evento. Ferreiro destacou o traballo que realiza Chorima de Castro, unha das formacións da cidade integrada na Federación Coral Galega. “Neste Concello apostamos firmemente pola cultura, neste caso no ámbito musical, e contamos con grandes agrupacións, como Chorima, integradas por veciñas e veciños desta cidade, o que é todo un orgullo para nós”.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal