Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RECIBIU NA ÚLTIMA SEMANA A TRES NOVOS AXENTES DA POLICÍA LOCAL
Marián Ferreiro deulles a benvida aos novos axentes que xa forman parte do plantel do Corpo na cidade
Narón, 15 de outubro de 2024. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recibiu na última semana aos tres novos axentes que forman xa parte do plantel da Policía Local. O acto, que tivo lugar na Alcaldía, contou tamén coa presencia, entre outros, do concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, e o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita. A finais da semana pasada tomou posesión da praza Daniel Bustabad Santiago, que procedente de Sada, incorpórase ao Corpo na cidade a través dun procedemento de mobilidade. Esta semana incorporáronse Marcos Piñón Hermida e Manuel Antonio Escudero Hernández, tras realizar o curso teórico da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) e rematar o pertinente período de prácticas, que levaron a cabo na cidade. Ferreiro deulles a benvida aos tres novos axentes trala toma de posesión e interesouse polo seu período formativo e tamén polas prácticas, así como pola experiencia do que se incorpora procedente do Concello de Sada. Coa chegada destes tres novos funcionarios de carreira a Policía Local de Narón queda integrada por un total de 39 axentes, tal e como apuntou a alcaldesa da cidade.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal