Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS OBRAS PARA O XIV CONCURSO DE PINTURA CIDADE DE NARÓN PODERÁN PRESENTARSE ATA O 31 DESTE MES
O premio é de 3.000 euros e entregarase o 23 de novembro no Pazo, coincidindo co Día de Narón, festividade local
Narón, 16 de outubro de 2024. O Padroado da Cultura informou da apertura do prazo para presentar obras ao XIV Concurso de Pintura Cidade de Narón. As persoas interesadas en participar poderán presentar os seus traballos ata o día 31 deste mes, en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas de luns a venres e os sábados de 10.00 a 14.00 horas de xeito telemático (d.canovas@naron.gal) e serán seleccionadas por un xurado, pasando á fase final do concurso un máximo de 24 obras. Unha vez seleccionadas -notificarase aos participantes, no caso de ser o caso- deberán depositarse no Pazo da Cultura, ata o vindeiro 10 de novembro en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 e a 21.00 horas. O certame consta dunha única categoría de carácter profesional e a obra deberá ser orixinal, con temática, estilo e técnica libres. O lenzo non deberá ter máis de 1,5 metros por cada lado e as obras presentaranse sen sinatura, acompañadas dun sobre pechado no que figure o nome e apelidos do autor, o enderezo, teléfono e correo electrónico, o título do cadro e a data de execución e técnica e unha fotocopia do DNI (polas dúas caras) do autor ou documento acreditativo. Os traballos seleccionados exporanse no Pazo da Cultura, onde se poderán ver entre o 15 e o 23 de novembro, no horario de apertura das instalacións. O día 12 de novembro o xurado fallará os premios, cuxa entrega terá lugar o día 23 de novembro, Día de Narón, no Pazo da Cultura. A obra gañadora pasará a ser propiedade do Padroado da Cultura do Concello de Narón e o autor ou autora da mesma recibirá un premio de 3.000 euros e terá dereito a unha exposición de 15 días da súa obra no Pazo. Así mesmo, non poderá presentarse nas vindeiras dúas edicións, tal e como marcan as bases desta convocatoria.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal