Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO LEVARÁ O FILME A SANTA COMPAÑA AOS CENTROS DE ENSINO DA CIDADE E AO PAZO DA CULTURA
A proxección pública do filme será o día 22 de outubro no Pazo da Cultura, tal e como avanzou a edil de Política Lingüística, María Lorenzo
Narón, 16 de outubro de 2024. A concellería de Política Lingüística, a través do Servizo de Normalización Lingüística, levará aos centros educativos da cidade a proxección do filme A Santa Compaña, de Fernando Cortizo, con motivo da celebración do Samaín. Así mesmo, realizarase unha proxección pública, de balde, no Pazo da Cultura, o vindeiro martes, día 22, ás 18.00 horas, tal e como avanzou a edil de Política Lingüística, María Lorenzo. No caso dos centros de ensino, traballarase ademais cunha unidade didáctica nas aulas sobre esta longametraxe documental, dirixida por Fernando Cortizo e que ten como obxectivo recuperar, poñer en valor e difundir unha gran figura emblemática da cultura galega, a Santa Compaña. Neste filme, no que colabora o Concello, mestúranse entrevistas a testemuñas e visitas a expertos de diferentes ámbitos, ségueselles a pista a algún dos casos máis soados de aparición, analízanse estrañas teorías e hipótesis… e abórdanse diferentes cuestións relacionadas con estas lendas, como a súa orixe, que explicación ten, en que se basea, etc. En definitiva, tal e como indicou a edil naronesa, tratarase de achegar luz á máis terrible e escura das lendas europeas, a través do formato road movie que nos situará entre o documental sociolóxico e o cine baseado na narración de historias fantásticas, unha innovadora maneira de achegar este fenómeno á xente nova. A concelleira de Política Lingüística informou que as persoas que desexen ver este filme no Pazo poden recoller os convites na billeteira, de luns a sábado en horario de 9.30 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal