Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CICLO TEMPO DE MÚSICA CONTINÚA ESTE DOMINGO COA ACTUACIÓN DA RONDALLA DE MULLERES SANTA UXÍA DE MANDIÁ E DE LOS TRASNOCHADORES DEL EUME
A actuación musical, con entrada de balde, dará comezo ás 18.00 horas
Narón, 17 de outubro de 2024. O ciclo Tempo de Música continúa este domingo coa súa programación no centro cívico social do Couto. Ás 18.00 horas dará comezo a actuación da rondalla de mulleres Santa Uxía de Mandiá, de Ferrol, e a continuación terá lugar a de Los transnochadores del Eume, de Pontedeume. A entrada a este ciclo, organizado polo Concello e a AVV do Couto en colaboración coa Deputación da Coruña e a Federación Coral Galega, é de balde. A cuarta xornada desta trixésimo primeira edición do ciclo musical será o día 27 deste mes, cando se subirán ao escenario o Coro de Espasante (Ortigueira) e a Coral polífónica de Santiso (A Coruña). Finalmente, o 3 de novembro pecharán o ciclo o grupo Culpables, de Neda, e a Coral Amistad, da Asociación de Veciños do Couto. En todos os casos as actuacións darán comezo ás 18.00 horas. Dende o Concello anímase á cidadanía a acudir a desfrutar desta convocatoria musical, unha das máis consolidadas dentro da programación cultural de Narón.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal