Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNS 7.000 ESCOLARES DE NARÓN E COMARCA PRESENCIARÁN ENTRE OUTUBRO E DECEMBRO OS ESPECTÁCULOS DA XXXX MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou a colaboración da Deputación da Coruña e a Rede Galega de Teatros e Auditorios nesta convocatoria
Narón, 26 de outubro de 2024. A Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón alcanza este ano a súa cuadraxésima edición. Así o recordou esta mañá a alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, que avanzou que uns 7.000 escolares de Narón e comarca presenciarán os espectáculos que se sucederán entre os meses de outubro e decembro deste ano. A Deputación da Coruña e a Rede Galega de Teatros e Auditorios colaboran un ano máis co Padroado da Cultura na organización desta convocatoria. Escolares de Infantil, Primaria, ESO, Ciclos e Bacharelato presenciarán os espectáculos previstos, que darán comezo o 29 de outubro no Pazo da Cultura, onde se representará ese día e tamén o 30 deste mes a peza Desexo, da compañía Talía Teatro. Os días 12 e 13 de novembro continuará a programación no Pazo, coa obra O mundo está roto pero pódese camiñar, de Contraproducións e do 18 ao 20 de novembro as representacións trasladaranse ao Auditorio municipal, onde se representará o espectáculo A nena e o grilo camiño das cores, de Ghazafelhos e Magín Blanco. A seguinte proposta será a obra Rob, da compañía Teatre de L´Abast, que poderá ver o alumnado os días 26, 27 e 28 de novembro no Pazo da Cultura. Ao igual que en anteriores edicións, as últimas representacións desta mostra son as programadas nas tres escolas infantís municipais, as da Solaina, A Gándara e Piñeiros, para os días 2, 3 e 4 de decembro. Os nenos e nenas poderán ver a obra La selva, de Teloncillo Teatro. No caso de Narón acudirán, ademais de alumnado das tres escolas infantís municipais, escolares do CPI do Feal, dos CEIP da Gándara, A Solaina, Ponte de Xuvia, Piñeiros; dos CPR Jorge Juan, Ayala e Santiago Apóstol; do CRA de Narón; dos IES As Telleiras e Terra de Trasancos e do colexio plurilingüe Virxe do Mar. Acudirán tamén ás representacións programadas no Pazo e no Auditorio municipal escolares de centros de ensino dos concellos de Ferrol, Fene, Neda, Valdoviño, Ares, Pontedeume, San Sadurniño, Moeche e Monfero. As representacións levaranse a cabo en dúas quendas por día tanto no Pazo como no Auditorio, unha que dará comezo ás 10.00 e outra ás 12.00 horas.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal