UNHA UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE AGRÍCOLAS DESPRAZARASE ESTA SEMANA A PEDROSO E O VAL
O vehículo estará operativo o xoves en Pedroso e o venres no Val
Narón, 11 de novembro de 2024. Unha unidade móvil para a Inspección Técnica de Vehículos (ITV) agrícolas estará esta semana na zona rural da cidade. A primeira xornada para as revisión será este xoves en Pedroso, onde a unidade se localizará no campo da festa e estará operativa en horario de mañá e tarde, de 9.00 a 13.30 horas e dende as 15.15 ata as 18.00.
No caso da parroquia do Val ubicarase o este venres nas inmediacións da cooperativa do Val, onde estará operativa unicamente en horario de mañá, de 9.00 a 13.30.
As persoas interesadas en acudir cos seus vehículos poden reservar cita previamente chamando ao número de teléfono 981 928 080 ou a través da web: www.sycitv.com.