Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA CONFEDERACIÓN GALEGA DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE
A rexedora local, Marián Ferreiro, asinou o acordo con Anxo Antón Queiruga, representante de Cogami
Narón, 20 de novembro de 2024. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e Anxo Antón Queiruga, representante da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) asinaron un convenio de colaboración en materia de acción social. A rexedora local, que estivo acompañada pola edil de Benestar Social, María Lorenzo, explicou que o Concello se compromete a realizar unha achega económica de 6.000 euros, contía con cargo á que se promoverá o desenvolvemento social das persoas con diversidade funcional na cidade a través de varias actividades. Cogami ofrecerá, en virtude a este convenio, un servizo especializado para dar resposta ás demandas de atención especializada ás persoas con discapacidade, prestando especial atención ás que se atopen en situacións de risco (desemprego, baixos recursos, illamento social…). Así mesmo, proporcionará información e asesoramento individualizado a cada persoa con discapacidade que contacte co servizo, a través dunha intervención social encamiñada a mellorar a participación social da persoa beneficiaria e o seu desenvolvemento autónomo, as súas posibilidades de inserción laboral, etc. A maiores, a entidade colaborará co Concello nos eventos conmemorativos que relacionados coa discapacidade. A rexedora local destacou o labor que desenvolve Cogami na cidade e en xeral na comarca, coas persoas con discapacidade, na procura da inclusión social do colectivo de persoas coas que traballa.

<<< Novembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal