Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN CENTENAR DE PERSOAS PARTICIPARON ESTA TARDE NO FLASHMOB ORGANIZADO POLO CONCELLO CON MOTIVO DO 25N
O Pazo da Cultura acolleu esta proposta, que completa a programación deseñada con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero
Narón, 25 de novembro de 2024. O Pazo da Cultura acolleu esta tarde, ás 17:00 horas, un flashmob organizado polo Concello con motivo do 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu o acto acompañada pola edil de Igualdade, María Lorenzo, e outros representantes da corporación local naronesa, así como veciños e veciñas da cidade. En total, preto dun centenar de persoas participaron nesta iniciativa. A rexedora local agradeceu a participación de todas as persoas asistentes á convocatoria e recordou que este ano faleceron catro mulleres en Galicia vítimas da violencia machista e 42 en España, as dúas últimas esta fin de semana, en Sevilla e Alacante (neste último caso unha menor asasinada presuntamente tamén por un menor). Ferreiro denunciou esta lacra social e incidiu na necesidade de que o conxunto da sociedade continúe traballando para erradicala e poder vivir nunha sociedade libre e igualitaria. Trala súa intervención gardouse un minuto de silencio en recordo de todas as vítimas de violencia de xénero. A continuación, a través dunha coreografía montada para o flashmob Raíñas, os participantes reivindicaron un ano máis a tan necesaria igualdade real entre homes e mulleres e amosaron a súa repulsa contra calquera tipo de violencia a través da música e do baile. Unha proposta que ensaiaron previamente no Pazo -tamén puideron estes días, ao dispoñer dun enlace coa coreografía- para despois realizalo conxuntamente. Dende o Concello organizouse ademais unha exposición na Biblioteca sobre “Mulleres contra a violencia de xénero”, que se pode ver ata este sábado, e un obradoiro de defensa persoal que se impartiu en centros de ensino da cidade e tamén no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros para mulleres de Narón, sendo a última sesión este mesmo sábado.

<<< Decembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal