Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ENTREGA BOLSAS REUTILIZABLES AO COMERCIO LOCAL PARA REGALAR Á SÚA CLIENTELA
A edil de Promoción Económica, Olga Ameneiro, fixo entrega do material á presidenta da ACN, Rocío Rodríguez, e a Susana Oreona e Alba Dopico, integrantes da directiva da citada asociación
Narón, 26 de novembro de 2024. O Concello entregou hoxe a representantes da Asociación de Comerciantes de Narón bolsas reutilizables da campaña “Merca en Narón. Facemos cidade” impulsada a través do Consistorio en colaboración coa citada entidade. A edil de Promoción Económica, Olga Ameneiro, fixo entrega do material –realizáronse 1.750 unidades- á presidenta da ACN, Rocío Rodríguez, e a Susana Oreona e Alba Dopico, integrantes da directiva da citada asociación. A partir de mañá, os comercios que formen parte da ACN poderán contactar coa directiva para recoller as bolsas que lles correspondan, que poderán entregar nos seus establecementos á clientela, ben coas compras realizadas ou sorteándoas. A concelleira de Promoción Económica informou que os pequenos comercios de Narón que non estean asociados á ACN poden tamén dispoñer destas bolsas, debendo no seu caso desprazarse ao Concello e solicitalas no segundo andar, onde deixarán os seus datos persoais e do establecemento. A entidade local valorou a posta en marcha desta iniciativa, sobre a que Olga Ameneiro destacou “a aposta do Consistorio por impulsar as ventas no pequeño comercio da nosa cidade, que ten moito que ofrecer e promove unha atención persoalizada coa clientela durante todo o ano”.

<<< Decembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal