Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 2.000 ESCOLARES DE NARÓN E COMARCA ASISTIRON ESTA SEMANA ÁS REPRESENTACIÓNS DA XXXX MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL DE NARÓN
O Pazo da Cultura acolleu esta semana seis pases da obra Rob, da compañía Teatre de L´Abast
Narón, 28 de novembro de 2024. Un total de 2.013 escolares de primeiro a cuarto curso de Primaria de centros de ensino de Narón e comarca desprazáronse esta semana ao Pazo da Cultura para asistir ás representacións da XXXX Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón (MOTIX). O Padroado da Cultura organiza a convocatoria en colaboración coa Deputación da Coruña e a Rede Galega de Teatros e Auditorios. Esta semana, entre o mércores e hoxe, realizáronse seis pases -dous por día- da obra Rob, da compañía Teatre de L`Abast. O protagonista desta historia é Rob, un home que se sube a un barco e que non sabe que nunca chegará ao seu destino, senón a unha illa na que se atopará a si mesmo. A imaxinación será o seu salvavidas nun tempo de soidade e a illa está realmente no seu interior. Na xornada do mércores viron a obra escolares do CRA do Val e dos centros Ponte de Xuvia, Santiago Apóstol e A Gándara, de Narón, e tamén do Lestonnac, de Ferrol; o San Isidro, de Neda; o San Ramón, de Moeche; o San Rosendo, de Neda e o Virxe da Cela, de Monfero. Onte acudiu alumnado dos centros naroneses do Feal, Piñeiros e Jorge Juan e tamén da Laxe d do Juan de Lángara, de Ferrol; Os Casais de Fene; Andrade, de Pontedeume e Maciñeira, de Neda. Finalmente, hoxe acudiron alumnas e alumnos da Solaina e do Ayala e Virxe do Mar e Santiago Apóstol, de Narón; de Unión Mugardesa, de Mugardos; da Xunqueira, de Fene; das Mirandas, de Ares. A XXXX Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón desenvolverase a vindeira semana nas escolas infantís municipais da Solaina, A Gándara e Piñeiros, onde se poderá ver a obra La Selva, da compañía Teloncillo. As representación levaranse a cabo os días 2, 3 e 4 de decembro e pecharán a programación desta edición da mostra. En conxunto, representaranse cinco obras de teatro, no Pazo da Cultura, no Auditorio municipal e nas escolas infantís municipais.

<<< Decembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal