Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ ESTE SÁBADO UN ESPECTÁCULO DE DANZA E MÚSICA DE ALXIBEIRA E A ASOCIACIÓN DE MÚSICA E DANZA QUEIROA
Esta noite haberá un concerto tributo a Pink Floid e o domingo representarase o espectáculo infantil La Selva
Narón, 29 de novembro de 2024. O Pazo da Cultura acollerá este sábado, ás 20:00 horas, un espectáculo de danza e música tradicional a cargo do Grupo de Música e Bailes Tradicionais Alxibeira e da Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa. As actuacións desenvolveranse durante aproximadamente hora e media e as persoas interesadas en asistir poden adquirir as entradas, a un prezo de 2,50 euros, no despacho de billetes do Pazo da Cultura ou a través da web do Padroado da Cultura (www.padroadodecultura.es). Os abonados ao Padroado da Cultura poderán asistir de balde. O grupo Alxibeira constituíuno o Padroado da Cultura de Narón a finais de 1986 para revalorizar o folclore e as costumes de Galicia e recuperar as nosas tradicións. Presentouse oficialmente en 1988 e dende entón realizou actuacións a nivel nacional e internacional. Quique Peón dirixe Alxibeira dende outubro do ano 2020. En canto á Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa, constituíuse en novembro de 2020 froito da iniciativa dun grupo de nais e pais do CEIP Pedro Barrié de la Maza de Mondego, para dar continuidade ao traballo realizado polo alumnado nas actividades extraescolares de danza tradicional e pandeireta. Participaron tamén en festivais nacionais e internacionais nos seus máis de vinte anos de traxectoria. Esta mesma tarde haberá tamén no Pazo un espectáculo, un concerto tributo a Pink Floid a cargo de Tertulia Producción que dará comezo ás 21:00 horas e na xornada do domingo representarase a obra La Selva, da compañía Teloncillo, ás 18:00 horas.

<<< Decembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal