Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA INFORMÁTICA DIVERTIDA (INDI)
O edil de Novas Tecnoloxías, Román Romero, informou que as sesións se impartirán na Aula Cemit de Xuvia e nos locais sociais da zona rural nos que se constitúan grupos
Narón, 29 de novembro de 2024. O Concello abrirá o vindeiro luns, 2 de decembro -e ata o día 13 do mesmo mes- o prazo de inscrición no programa municipal INDI (Informática Divertida). O edil de Novas Tecnoloxías, Román Romero, recordou que se trata dunha proposta dirixida a menores empadroados en Narón e con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos. O programa impartirase na Aula Cemit de Xuvia e tamén nos locais sociais da zona rural nos que se formen grupos entre o 23 de decembro e o 3 de xaneiro do vindeiro ano. Programación de videoxogos, deseño de personaxes, intelixencia artificial e retos tecnolóxicos forman parte dos contidos que se abordarán nas sesións a impartir na Aula Cemit, con 12 prazas en quenda de mañá e outras tantas na da tarde. As sesións impartiranse de 10:30 a 13:30 na quenda de mañá e de 16:00 a 19:00 horas na da tarde. As inscricións tramitaranse no Rexistro Xeral do Concello, de 8:30 a 13:30 horas, na Sede Electrónica ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario disponible na Sede Electrónica do Concello de Narón e indicando obrigatoriamente a prioridade de horario na propia instancia (quenda de mañá ou de tarde). No caso da zona rural, ofreceuse o programa ás entidades veciñais do Val, Castro, Pedroso, San Mateo, Doso, San Xiao e Sedes, con dez prazas en cada parroquia. As sesións realizaranse en quenda de mañá, de 10:30 a 13:30 horas. Neste caso será obrigatorio inscribirse nos centros cívicos sociais de cada parroquia. As prazas concederanse por rigorosa orde de inscrición e a participación na actividade comunicarase entre o 16 e o 18 de decembro telefonicamente ás persoas admitidas. Para obter máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 1502 e 1123).

<<< Decembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal