Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A I FEIRA DE LITERATURA E ARTE ABRIU HOXE AS SÚAS PORTAS NO PAVILLÓN DA MOCIDADE
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Feiras, Mar Gómez, participaron no acto inaugural
Narón, 29 de novembro de 2024. Medio centenar de escritores e artistas participan na primeira edición da Feira de Literatura e Arte organizada polo Concello e o Grupo de Autores de Ferrolterra (GAF) e á que se sumaron tamén as librarías as librarías Nova, Albatros e Pasapáxina, as asociacións Narart e AGER (Asociación Galega de Escritores), artistas, escritores e escritoras independentes e a ilustradora Saila Chao. A inauguración oficial da convocatoria, que se desenvolverá hoxe e mañá, correu a cargo do xornalista e escritor Ramón Loureiro. Ás 12:00 era o encargado de ler o pregón, acompañado pola alcaldesa, Marián Ferreiro; a edil de Feiras, Mar Gómez, e por participantes neste evento. Loureiro destacou o papel do mosteiro do Couto e repasou a historia do barrio da Gándara, reivindicando tamén a figura do poeta Esquío, para quen pediu que se lle adicase un Día das Letras Galegas. “Para Fernando Esquío pido, desde aquí, un Día das Letras Galegas. Como pido un Día das Letras Galegas, igualmente, para Xosé Crecente Vega, un dos máis altos cumios da poesía en lingua galega, que naceu na Terra Chá, que estudou no Real Seminario de Santa Catalina, en Mondoñedo, que acabou os seus días en Segovia, pero que foi en Narón onde escribiu gran parte da súa obra, nos anos nos que exerceu o sacerdocio tanto en Xuvia como en San Xiao”, asegurou. Pola súa banda, a alcaldesa agradeceu o labor do Grupo de Autores de Ferrolterra para poder levar a cabo esta primera edición e, en especial, da escritora Isabel Ramos. “É un pracer contar con escritores e escritoras e artistas de diferentes ámbitos neste evento, cunha programación moi variada para esta tarde e mañá durante todo o día e que representa unha excelente oportunidade para achegar a cultura á cidadanía e tamén para plasmar o firme apoio do Concello a este sector”, asegurou Ferreiro. A alcaldesa incidiu en que dende o Consistorio “queremos potenciar o talento de tantas mulleres e homes da nosa comarca, moitos deles aquí presentes, e tamén da xente doutras localidades que nos acompaña”. Esta tarde a feira reabrirá ás 16:00 horas, cun micro aberto no que participarán as escritoras Sabela Cagiao e Clara Ventura e ás 17:00 haberá unha sesión de zumba kids, con Margaret Vilas, do centro Amar-t. A continuación, sobre as 18:00 horas levarase a cabo unha festa infantil, a cargo Reyes Pérez e Sonia Ramallo, e ás 19:00 unha charla cos escritores Juan Galán e José Ángel Varela, sobre “Novela e memoria”. Na xornada de mañá sábado retomarase o programa ás 11:30 horas, cunha charla sobre a influencia da literatura no cine e na música, cos escritores Miguel Castro e Sara González. Un contacontos de Nadal con GAF, a conferencia “Tu medicina eres tú”, con Diana Coira, de Satya-Ikigai Bowspring, o contacontos “Breixo e o monstro Lume”, con Soraya García, unha charla sobre como é escribir dende Narón, cos escritores Raquel Villanueva, Isabel Ramos e Juan Lada e unha clase maxistral de bowspring con Diana Coira completarán a programación desta edición da feira. No ámbito artístico estarán tamén presentes no Pavillón da Mocidade durante a fin de semana pintoras e pintores como Dulce Anca, Paco Carmona, Santiago Canzobre, Rafa Climent, Sol Lamas, Katy Martín e Crisanto Poveda; Silvia Díaz (deseño e creación), Fernando Eiroa (carbón details, Mon Novo (urbansketching) e outros profesionais. No apartado literario participarán tamén, entre outros, os escritores e escritoras como juan Rober H.L. Cagiao, Miguel Cárdenas, Manuel Díaz, Xosé Fernández, Manuel Fuentes, David Gago, Clara Goas, Juan Lada, Ramón Loureiro, Eva Luna, Ana Julia Martínez, Ismael Martínez, Magali R. Mátar, Nuria Matías, María Jesús Millarengo, Mar Muñiz, Álex Pernas, Cova PL., Javier Regueira, Carolina Rodríguez, Arantxa Serantes e John Sullivan. Os autores asinarán libros en diferentes quendas durante a fin de semana.

<<< Decembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal