ALUMNADO DO CPI DO FEAL VISITOU HOXE O CONCELLO E REUNIUSE COA ALCALDESA NO SALÓN DE PLENOS
Marián Ferreiro conversou cos menores, que se interesaron polo seu traballo día a día no Concello
Narón, 3 de decembro de 2024. Alumnado de sexto curso de educación infantil do colexio do Feal desprazouse hoxe ao Concello para participar no programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola. Os menores, unha vez no salón de plenos, visionaron un vídeo sobre a cidade, o funcionamento da administración local, as parroquias e barrios de Narón, para posteriormente, trala chegada da alcaldesa, Marián Ferreiro, interesarse por varios temas vencellados á cidade e ao seu traballo diario.
As nenas e nenos explicáronlle á alcaldesa que lles gusta facer cando non están no colexio, as actividades que practican e tamén lle propuxeron algúns novos proxectos para a cidade. Finalmente, antes de abandonar o salón de plenos, realizaron unha fotografía de grupo e tamén no photocall da abella Nara. Marián Ferreiro entregoulles como agasallo unha gorra e tamén unha carpeta cunhas fichas da abella Nara e uns lápices de colores.
Os menores percorreron tamén outras dependencias municipais, como as da Policía local, antes de regresar de novo ás aulas.