Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
FERROLTERRA REDESCUBRIRÁ O SEU PASADO INDUSTRIAL CUNHA XORNADA DE CONFERENCIAS E VISITAS GUIADAS AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DOS MUÍÑOS INDUSTRIAIS DE XUVIA
O CIMIX de Narón acollerá o día 14 de decembro esta convocatoria, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrolterra
Narón, 6 de decembro de 2024. A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, coa colaboración da Deputación da Coruña, organizou unha xornada dedicada ao Patrimonio Industrial de Ferrolterra, que se celebrará o vindeiro sábado 14 de decembro no Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia (CIMIX). A xornada, aberta ao público en xeral, pretende poñer de relevo a riqueza do pasado e presente industrial da zona e concienciar sobre a importancia da conservación do seu patrimonio, como un atractivo singular. O programa dará comezo ás 9:45 horas, coa inauguración institucional desta convocatoria, e inclúe conferencias con recoñecidos expertos que abordarán diferentes aspectos do patrimonio industrial da comarca. A primeira delas, ás 10:00 horas, correrá a cargo de Manuel Lara Coira, presidente da Asociación BUXA, que falará sobre a industria na contorna de Ferrol. A continuación, ás 10:30, María Begoña Bas López, destacada etnógrafa e profesora da Universidade da Coruña, falará sobre os muíños de Ferrolterra. Pola súa banda, ás 11:00 horas, Lorena Cuevas Buján, técnica en xestión do patrimonio, centrarase na construción naval na ría de Ferrol. A xornada continuará despois dunha pausa, sobre as 12:00 horas, cun bloque dedicado a casos de boas prácticas na recuperación e posta en valor do patrimonio industrial. Concepción Fernández, directora de Museos, Patrimonio e Cultura da Fundación Ciudad de la Energía-CIUDEN de Ponferrada, compartirá a experiencia da transformación dunha antiga central térmica nun museo vivo e espazo cultural. Inés Gil Piñeirúa, axente de Desenvolvemento Local Oscos-Eo, presentará ás 12:45 o caso de Taramundi como referente no turismo rural. Ao rematar esta conferencia, sobre as 13:30 horas, abrirase un debate moderado por Luis Alcalá, xerente da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol. Pola tarde, ás 16:30 o público poderá participar nunha excepcional visita guiada ao muíño das aceas de Xuvia e ás 17:30 ao recentemente inaugurado CIMIX, onde coñecerán de preto a historia e o funcionamento destes importantes elementos do patrimonio industrial de Narón.

<<< Decembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal