Á VENDA AS ENTRADAS PARA A FESTA INFANTIL SOLIDARIA NA QUE SE RECADARÁN FONDOS PARA UN CENTRO DE ENSINO DE VALENCIA AFECTADO POLA DANA
A edil de Benestar Social, María Lorenzo, recordou que se poden adquirir nos parques Bule Bule, Burbujas, IlusionArte e Capuchino
Narón, 11 de decembro de 2024. As entradas para asistir á Festa infantil solidaria que se celebrará este sábado no pavillón da Mocidade, na Gándara, están xa á venda. As persoas interesadas en asistir poderán adquirilas nos parques Bule Bule, Burbujas, IlusionArte e Capuchino, tal e como recordou a concelleira de Benestar Social, María Lorenzo. O Concello colabora con estas empresas e con Fiestoke, Multiocio ET, Gazapo e La Guagua, na organización desta convocatoria.
A recadación íntegra destinarase ao colexio CEIP Fernando Baixauli Chornet, afectado pola DANA en Valencia, tanto a nivel de construción como por roubos posteriores. A festa desenvolverase en horario de mañá e tarde, de 11:00 a 14:00 e dende as 16:30 ata as 20:30 horas e o custe da entrada é de 5 euros (únicamente vale para un acceso ao recinto). Tamén se poderán realizar donativos a través da fila 0, na conta: ES34 3159 0011 1523 9717 7822, do propio centro de ensino valenciano.
Entre as propostas desta xornada para nenas e nenos haberá inchables, pintacaras, tatuaxes, obradoiros de Nadal, visita de personaxes, sorteos de agasallos –doados por establecementos da cidade e comarca-. A convocatoria estará tamén amenizada polas exhibicións de baile de academias como Danza Paloma, Paso a Paso, Un Paso Adelante…