Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 70 PERSOAS PARTICIPAN NOS OBRADOIROS DO PROXECTO MUNICIPAL ACLIMATARNOS
O concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, destacou os obxectivos desta iniciativa
Narón, 11 de decembro de 2024. A Casa da Mocidade acolleu hoxe o primeiro dos obradoiros do proxecto “aCLIMAtarnos”, sobre concienciación ambiental e cambio climático organizados polo Concello. Trátase dunha iniciativa impulsada a través da Concellería de Medio Ambiente, presidida polo edil Manuel Ramos, e na que participan persoas de diferentes idades. Impartiranse durante esta semana e a vindeira na Casa da Mocidade, na Ludoteca municipal e nos centros comunitarios Manuela Pérez Sequeiros e Vivendas da Mariña. Un total de 72 persoas que realizan actividades municipais participan nestas propostas, compostas por dinámicas participativas e grupais e que teñen entre os seus obxectivos “dar a coñecer a comprensión complexa do medio ambiente a partir da análise compartida do fenómeno do cambio climático, sensibilizar á cidadanía sobre o consumo enerxético responsable, a protección do planeta e dar a coñecer posibles accións a levar a cabo para frear o cambio climático”, tal e como indicou Ramos. Na xornada de hoxe pola mañá, entre as 9:30 e as 12:30 un total de quince persoas participaron nos obradoiros da Casa da Mocidade, todos eles das actividades municipais Apodérate e Volve á clase. Esta mesma tarde, de 16:30 a 18:30 será o turno de dez persoas do grupo de mulleres maiores de 18 anos no Manuela Pérez Sequeiros. As seguintes sesións serán mañá xoves e o luns e xoves da vindeira semana, coa participación de grupos de persoas maiores de 65 anos e de alumnado de secundaria de 12 a 15 anos da actividade Reforzando futuro. Nos obradoiros lévase a cabo o xogo “efecto dominó”, de elaboración dun mapa conceptual visual sobre o cambio climático, experimentos para comprender o efecto invernadoiro e un obradoiro de confección de xabón reciclado, tal e como explicou Ramos.

<<< Xaneiro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal