Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ORGANIZA UN OBRADOIRO DE EMPAQUETADO CREATIVO DE LIBROS
A concelleira responsable da área, Olga Ameneiro, indicou que a convocatoria se desenvolverá os días 16 e 17 deste mes
Narón, 13 de decembro de 2024. A Biblioteca de Narón colabora un ano máis coa campaña de recollida de xoguetes impulsada polo Concello e a Asociación Centro de Recursos Solidarios de Narón. A edil responsable da área, Olga Ameneiro, recordou que o centro é un dos puntos de entrega de xoguetes e, a maiores, aportaranse libros para que as nenas e nenos das familias vulnerables poidan recibilos como agasallo. E co fin de entregalos nas mellores condicións, organizouse un obradoiro de empaquetado creativo dirixido a persoas maiores de 16 anos, que terá lugar os días 16 e 17 deste mes. As persoas que desexen participar poderán facelo o luns 16, entre as 16:30 e as 19:00 horas e o martes 17 de 10:30 a 13:00 horas -o horario de entrada e saída é libre-, sen ser preciso inscribirse previamente, tal e como indicou a edil naronesa. A concelleira animou á cidadanía a participar nesta campaña solidaria de recollida de xoguetes, así como nas outras que se levarán a cabo este mes na cidade para recoller alimentos non perecedoiros e produtos de limpeza e hixiene para o Centro de Recursos Solidarios de Narón. Os xoguetes e os libros que se recollerán para as familias vulnerables entregaranse os días 3 e 4 de xaneiro no Centro de Recursos Solidarios de Narón. Os menores de entre 0 e 14 anos recibirán dous xoguetes usados -deberán entregarse en boas condicións e, no caso de levar pilas, mellor con elas-, un xoguete novo, un libro e un peluche, en función das existencias.

<<< Decembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal