Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PROGRAMA ACTIVIDADES E OBRADOIROS NA CASA DA MOCIDADE A TRAVÉS DA INICIATIVA TARDES XUVENÍS
O edil de Mocidade, Ibán Santalla, animou ás mozas e mozos de entre 12 e 16 anos a participar nas diferentes propostas
Narón, 13 de decembro de 2024. A mocidade de Narón poderá participar este mes no proxecto Tardes xuvenís, impulsado dende o Concello e que se desenvolverá do 21 ao 24 e do 26 ao 27 deste mes na Casa da Mocidade, na Gándara. O edil responsable da área, Ibán Santalla, animou ás mozas e mozos de entre 12 e 16 anos a acudir ás actividades e obradoiros programados no marco desta iniciativa, que se levará a cabo en horario de tarde, dende as 17:30 ata as 20:30 horas e con entrada de balde. Na Casa da Mocidade habilitaranse tres espazos diferenciados nos que a mocidade poderá participar libremente. Un deles será de xogo comunitario, con xogos recreativos, de mesa, un futbolín, tenis de mesa, dardos…outro adicarase ao debuxo e a pintura libre con materiais para participar e un terceiro será de videoxogos, con equipos con diversos xogos de diferentes contidos de temática xuvenil, tal e como avanzou Santalla. A maiores, programáronse varios obradoiros, para cuxa participación si será preciso inscribirse, podendo facelo, de balde, a través do enlace: https://gplus.typeform.com/to/Jrrga9LB. O primeiro deles será un xogo de rol, o sábado 21, para explorar diferentes tipos de personaxes históricos, co fin de fomentar a creatividade e imaxinación, así como o traballo en equipo, a comunicación e toma de decisións dos participantes. O día 23 deste mes levarase a cabo un scape room no interior e nas inmediacións da Casa da Mocidade, para fomentar o traballo en equipo e a autoestima, ao tempo que as habilidades á hora de resolver conflitos e deducir. Así mesmo, o día 24 será o turno do obradoiro de fotografía, unha proposta para realizar a través do móbil ou Tablet e na que se informará, entre outras cousas, sobre como protexer a información persoal nas redes sociais e realizar un uso seguro das diferentes plataformas. As dúas últimas xornadas de obradoiros serán os días 26 e 27 deste mes. O xoves 26 programouse un sobre lettering e rotulación, moi creativo e dirixido a persoas principiantes e tamén a aquelas que xa teñan algo de experiencia nesta área. Na sesión daranse a coñecer os trazos básicos verticais, horizontais, curvas e liñas e tamén se realizará unha introdución á práctica de aplicación da presión para conseguir diferentes grosores e mellorar a composición. Finalmente, o día 27 celebrarase un obradoiro de karaoke como un modo de fomentar a cohesión grupal e pechar cun gran momento este programa de Tardes xuvenís.

<<< Decembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal