O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO COMDIX INICIACIÓN: ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA A TECNOLOXÍA CON "SENTIDIÑO" ABRIRÁ O VINDEIRO LUNS
O edil de Novas Tecnoloxías, Román Romero, explicou que as inscricións deben realizarse na plataforma Cemit
Narón, 13 de decembro de 2024. A Aula Cemit de Xuvia acollerá o vindeiro ano dúas edicións dun curso de continuación ComDix-iniciación: administración electrónica a tecnoloxías con “sentidiño”. O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Román Romero, explicou que se impartirá unha edición en horario de mañá, de 9:30 a 13:30 e outra no de tarde, de 16:00 a 20:00, en ambos casos dende o 8 de xaneiro ao 28 de febreiro. Cada edición ofrecerá 12 prazas e as inscricións poderán realizarse a partir do luns 16 de decembro ás 9:00 horas na plataforma Cemit.
O curso consta de 152 horas en total, nas que se abordarán os seguintes contidos: ComDix iniciación IV: participa na sociedade dixital; as vantaxes da administración electrónica (55 horas); ComDix iniciación V: crea contidos dixitais con ferramentas ofimáticas e multimedia (55 horas) e ComDix iniciación VI: atopa o benestar dixital, tecnoloxía “con sentidiño” (42 horas).