Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÉXITO DE PÚBLICO NO RECINTO FEIRAL DO TRECE CON MOTIVO DO XIV MERCADO DE SEGUNDA MAN ORGANIZADO POLO CONCELLO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, desprazouse ao evento acompañada polos edís de Feiras, Mar Gómez, e Medio Ambiente, Manuel Ramos
Narón, 22 de decembro de 2024. Numerosas persoas achegáronse esta mañá ao recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes, para asistir á décimo cuarta edición do Mercado de segunda man organizado polo Concello. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e os edís de Feiras e Mercados, Mar Gómez, e Medio Ambiente, Manuel Ramos, visitaron tamén o evento, no que se sortearon varios agasallos entre a clientela dos diferentes postos. No recinto habiliráronse un total de setenta postos, nos que se podía adquirir unha gran variedade de produtos e artículos de segunda man: roupa, calzado, libros, bisutería, pezas de cerámica, decoración en cristal e metal, xoguetes… e tamén había postos solidarios, como o da Asociación Sociocultural ASCM, o de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e a Asociación Cometa. Ás 10:30 horas abriu as súas portas a feira, que continúa ata o mediodía e volverá a abrir esta tarde, de 16:00 a 19:00 horas, con entrada de balde. “Esta feira é unha das citas obrigadas cada mes de decembro na nos acidade, tendo unha moi boa acollida non só entre a veciñanza que se achega de Narón e doutros concellos, senón tamén por parte das persoas interesadas en instalar os seus postos de venda”, apuntou a rexedora local. Ao respecto, Ferreiro recordou que do total dos postos, preto de medio centenar son de veciñas e veciños de Narón e o resto, maioritariamente, de localidades da comarca. “Esta feira representa unha moi boa oportunidade para dar unha segunda vida a aqueles artículos que xa non se utilizan e que están en boas condicións, ofrecendo dende o Concello un espazo, neste caso a feira do Trece, que sirva como escaparate para poder vendelos a outras persoas e promover deste xeito un consumo circular, responsable e sostible”, apuntou.

<<< Decembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal