Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CORPORACIÓN APROBOU POR UNANIMIDADE O ESTABLECEMENTO E FIXACIÓN DE PREZO PÚBLICO DO SERVIZO DE MADRUGADORES
A última sesión plenaria deste ano acolleu tamén a aprobación da participación do Concello no POS+ adicional da Deputación da Coruña
Narón, 26 de decembro de 2024. O salón de plenos do Concello acolleu esta mañá o último pleno deste ano. Na sesión aprobouse por unanimidade o establecemento e a fixación do prezo público pola prestación do servizo de madrugadores nos centros públicos de infantil e primaria do Concello. No mesmo establécense as contías para os usuarios/as fxos/as e tamén os/as esporádicos/as, con 38,72 euros ao mes ou 3,50 euros diarios, respectivamente. Os de carácter fixo poderán acollerse á aplicación das reducións de prezos no caso de cumprir os requisitos establecidos, en función do umbral de renda, e que alcanzan ata o 100% nos casos de persoas obrigadas ao pago incluídas no programa de educación familiar con informe de vulnerabilidade e tamén de familias numerosas de categoría especial, alumnado con discapacidade recoñecida mínima do 33% ou superior, segundos fillos/as de familias monoparentais, e familias vítimas de violencia de xénero. Na convocatoria saíu tamén adiante por unanimidade a participación do Concello no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal POS+ adicional da Deputación da Coruña. A achega a recibir por parte da administración local é de 173.082,01 euros para gastos sociais extraordinarios. No apartado de mocións aprobáronse por unanimidade a presentada polo BNG para instalar puntos de servizo para autocaravanas; unha do PP sobre a seguridade viaria nos camiños de Bodillón e da Poceta (San Xiao) e a aprobación do convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello para manter o programa Xantar na Casa, cun gasto plurianual que, entre o ano 2025 e o 2029 ascende a 146.000 euros. A maiores, saíu adiante unha moción do PSOE para a creación inmediata dunha Unidade de rehabilitación cardíaca na Área Sanitaria de Ferrol, outra do BNG relativa á situación do idioma propio da Galiza e á adopción de medidas para a súa normalización e unha do PP sobre o apoio ao Pacto pola Lingua. Finalmente, aprobouse unha moción do PSOE sobre transparencia municipal.

<<< Decembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal