Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLEU UNHA HOMENAXE ÁS USUARIAS E USUARIOS DE HONRA DO CENTRO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro, participaron na convocatoria celebrada este mediodía
Narón, 11 de xaneiro de 2025. A Biblioteca municipal acolleu este mediodía, ás 12:00 horas, o acto de recoñecemento aos usuarios e usuarias de honra das citadas instalacións municipais. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro, acudiron á convocatoria, que se celebra cada ano na cidade, dende o 2014, para conmemorar o Día das persoas usuarias das bibliotecas, acto no que tamén participou Ainhoa González, responsable da citada Biblioteca. Na categoría de usuarias e usuarios infantís (ata 14 anos), homenaxeouse a Isabella Miranda López, Leo Fernández Rodríguez, Silvia Carnero López e Elsa Vázquez Gravecha. No que respecta aos usuarios e usuarias da categoría de adultos, o recoñecemento foi para Josefa Miragaya Crespo, José Pantín López, Juana Puente Rodríguez, Juan Zamora Pando e Begoña Seoane Sánchez. A rexedora local felicitou a todas as persoas homenaxeadas e, xunto coa edil responsable da área, entregoulles un diploma acreditativo desta homenaxe e tamén un pequeno agasallo. A través deste recoñecemento, dende a cidade apóstase por destacar a especial implicación coa biblioteca destas persoas durante o ano anterior. Ferreiro destacou que máis de 10.500 persoas teñen como referencia este centro, incidindo na variedade de servizos e fondos a disposición de todas elas. Así mesmo, durante o acto, quixo agradecer o labor das persoas que traballan tanto neste centro como na axencia de lectura da Gándara e na ludoteca municipal da Solaina.

<<< Xaneiro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal