Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ENTREGA UN MILLAR DE BOLSAS REUTILIZABLES Á AGRUPACIÓN DE LIBREIROS DE FERROLTERRA PARA PROMOCIONAR O SECTOR
A edil de Promoción Económica, Olga Ameneiro, entregoulle o material ao presidente da entidade, Antonio Martínez
Narón, 13 de xaneiro de 2025. A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, entregoulle esta mañá a Antonio Martínez, presidente da Agrupación de Libreiros de Ferrolterra, un millar de bolsas que un total de sete librarías entregarán dende esta semana á clientela polas súas compras. A edil naronesa indicou que participarán na convocatoria as librarías adheridas á citada agrupación. “Merca nas librarías do teu barrio” é o lema que xunto co de “Protexamos as librarías de barrio. Protexamos o medio ambiente” se poden ler nas bolsas, reutilizables, de cor branca e co deseño en azul. Dende a Agrupación de Libreiros de Ferrolterra agradeceron a colaboración do Concello coa entidade, ao igual que xa se fixo en anteriores ocasións, co fin de colaborar co sector e de promocionar a venda nos pequenos comercios das nosas cidades.

<<< Xaneiro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal