Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ACOLLERÁ A PARTIR DA VINDEIRA SEMANA A EXPOSICIÓN GALEGOS EN MAUTHAUSEN
A edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro, informou que se poderá ver do 20 de xaneiro ao 1 de xuño
Narón, 16 de xaneiro de 2025. A Biblioteca municipal acollerá un ano máis a exposición Galegos en Mauthausen. A concelleira responsable da área, Olga Ameneiro, avanzou que se poderá ver dende o vindeiro luns, día 20, ata o 1 de febreiro na planta soto da Biblioteca. As visitas poderán realizarse de luns a venres entre as 17:00 e as 20:00 horas e os sábados de 10:00 a 13:00 horas, tal e como avanzou a edil naronesa. A Asociación Memoria Histórica Democrática trae a Narón esta mostra fotográfica, composta por 40 imaxes que amosan as duras condicións de vida no campo de concentración, así como documentación en diversos formatos (cartas, imaxes…) dalgúns españois presos na época. Dende a citada entidade ofrécese a posibilidade de realizar visitas guiadas a esta mostra solicitándoas previamente. Deste xeito, centros escolares, asociacións, grupos particulares… poden solicitar esas visitas chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura. A maiores, programouse unha visita guiada aberta ao público xeral o mércores 29 de xaneiro ás 17:00 horas. Para acudir a esta última tamén será preciso anotarse previamente, podendo facelo a partir do luns día 20 ás 16:00 horas de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono anteriormente indicado.

<<< Febreiro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
naron.gal