Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INCORPORA AO XEOPORTAL DE NARÓN O VISOR RUEIRO NUN CLIC
A edil de Estatística, Mar Gómez, destacou a facilidade para acceder a información de vías e inmobles da zona urbana e rural
Narón, 23 de xaneiro 2025. A concelleira de Estatística, Mar Gómez, avanzou a entrada en funcionamento da aplicación web Rueiro nun clic, un visor impulsado dende o Concello de Narón e a disposición da cidadanía, administracións, empresas e demais interesados a través do Xeoportal do Concello de Narón. O acceso pode realizarse mediante o enlace: https://naron.maps.arcgis.com/apps/instant/sidebar/index.html?appid=dfc2124201084e96b75ed6594a33d28c, tal e como avanzou a edil naronesa. O visor “permite a visualización do rueiro da cidade e da numeración oficial asignada aos inmobles de toda a zona rural e parte da urbana, xa que se está traballando para rematar os últimos núcleos, un labor que se realizará progresivamente”, apuntou. Gómez, asegurou que se decide poñer operativo e a disposición das persoas interesadas ao estar moi avanzado e ser unha ferramenta moi útil e demandada pola veciñanza e algunhas empresas. A maiores, o visor ofrece unha ferramenta de búsqueda de ubicación de vías ou vivendas mediante a denominación da vía, do enderezo oficial asignado ou da parcela catastral que ocupa o inmoble, permitindo ao mesmo tempo acceder á cartografía catastral. “Para facilitar máis as labores de busca, incorporouse o dato da dirección anterior no caso daqueles inmobles nos que se modificou o enderezo, podendo localizalos tanto polo anterior como polo oficializado máis recentemente”, explicou a concelleira.

<<< Febreiro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
naron.gal