Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ABRE MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NUNHA ACTIVIDADE PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro avanzou que a convocatoria se desenvolverá o 7 de febreiro
Narón, 3 de febreiro de 2025. O Día Internacional da muller e a nena na ciencia conmemórase cada 11 de febreiro. Con motivo desta efeméride a Biblioteca municipal acollerá a actividade lúdica “Un día de experimentos” este venres día 7, ás 18:00 horas, tal e como avanzou a concelleira responsable da área, Olga Ameneiro. A edil indicou que as nenas e nenos interesados en participar deberán ter os catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes. As inscricións poden formalizarse dende mañá martes ás 16:00 horas de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura. Os menores participantes terán a oportunidade de divertirse e descubrir que a ciencia está presente en moitos aspectos da nosa vida, explorando o papel das mulleres na ciencia e practicando algún experimento sinxelo co que aprender conceptos científicos básicos de xeito divertido. Entre os obxectivos desta convocatoria está o feito de visibilizar o papel das mulleres neste ámbito e fomentar a vocación científica entre as nenas e nenos. A ciencia axuda a comprender mellor o mundo que nos rodea, estimula a nosa creatividade, contribúe a desenvolver habilidades para a resolución de conflitos, axúdanos a cuestionarnos a realidade e esperta a nosa capacidade de superar retos.

<<< Febreiro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
naron.gal